ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 2 de diciembre de 2012

ARCO DA VELLA, VAITE DE AÍ, QUE AS NENAS BONITAS NON SON PARA TI!

Esta semana chegounos o inverno, aínda que non no calendario. Pero este tempo, ademáis da friaxe, tamén nos trouxo fermosos contrastes de cores. Que llo digan a nosa xirasol Sabela que en plena asemblea berrou: "El arco iris, el arco iris!". Case no teito da clase e pola parede-ventanal na que temos a nosa árbore de outono divisamos un fermoso arco da vella. Sen pensalo dúas veces saímos a deleitarnos coas súas cores máis de preto. Védenos falando de como se forma e do nome das súas cores.

 (Algúnhas veces, protagonistas inesperados, cólanse pola nosa fiestra para amosarnos as cousas maravillosas que ten a vida).
 


2 comentarios:

  1. Que sorte!! Nos o estivemos esperando todo ano pasado e non conseguimos velo... Estaremos mais atentos este ano!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas profe. Se volvemos divisalo descoida que nos lembraremos de ti e das túas xirafiñas para avisarvos. Biquiños.

      Eliminar