ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 6 de abril de 2017

ALBUM BILINGÜE!!

Coma o curso pasado por estas datas a profe Marga tráenos o seu catalexo e nós... a explorar!. Neste curso e como traballo dentro do Proxecto Documental Integrado no que está inmerso o centro, a temática non podía ser outra que "As Fragas do Eume". Así que aquí nos vedes en plena busca de palabras novas, en dúas linguas, inglés e galego. 
Primeiro imos polo corredor na busca da fotografía que tocou ese día para aprender o seu nome en galego e inglés.







Despois pegamos a foto no lugar correcto do álbum e falamos sobre a imaxe que máis nos gusta, buscamos outras xa traballadas...



Finalmente de volta na clase e, logo de ter atendido moi ben, conseguimos a nosa estreliña de "good explorer!.




Grazas Marga por prepararnos este novo albúm e facer que aprendamos de xeito tan divertido!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario