ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 22 de febrero de 2013

COÑECENDO O NOSO CORPO.

Os Xirasoles estamos embarcados nunha investigación moi interesante: queremos aprender moitas cousas sobre "O corpo". Algunhas xa as descubrimos grazas a unha canción moi chula que algún día vos ensinaremos pero... aínda temos ganas de seguir coñecéndonos mellor.
Axudádesnos?.
Familias necesitamos a vosa participación neste novo proxecto: con folletos, revistas, libros, cantigas, referencias na internet... todo o que se vos ocorra. Coma sempre GRAZAS ANTICIPADAS POLA AXUDA.
Levamos tres días tentando darvos a mensaxe de palabra pero... chegamos tan esgotados á casa que moi poucos nos lembramos. A profe mándavos esta entrada por se a algún de nós se nos sigue esquecendo. (Ata tentamos lembrala co truco dos dedos). Vede nas imaxes a mensaxe, o que xa sabemos, o que nos gustaría saber, e o que imos empezar a aprender. (Pódevos servir de guía para axudarnos).




No hay comentarios:

Publicar un comentario