ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.
lunes, 18 de febrero de 2013
NUMERETE, SIGUE VIAXANDO!
Hoxe os Xirasoles recibimos unha sorpresa da man do noso compañeiro Pablo, da clase dos Peixiños. Pablo atopouse cun sobre na porta da nosa clase, petou e entregou ao encargado unha nova sorpresa. Era outra carta do noso amigo Numerete!!. Cóntanos que sigue a viaxar na súa nave e esta vez chegou ao planeta do número 2. Alí atopou personaxes curiosas que ían... en parella: dous calcetíns, dúas luvas, dous zapatos, dous pendientes... Foron os pendientes os máis atrevidos e decidiron acompañar a Numerete de viaxe polo espacio. Mirade onde se colocaron... nas orellas de Numerete claro!. Pasámolo pipa coa súa historia e mentres esperamos a seguinte imos aprender a facer "os pendientes" de Numerete.


Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario