ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 5 de abril de 2016

VISITA DE PROTECCIÓN CIVIL!.

Onte viñeron visitarnos uns "bombeiros" que temos moi pretiño de nós. Son os membros de Protección Civil de Pontedeume. Foi unha grande sorpresa porque ademais... viñan cuns traxes tan chulos!. Fran explicounos super ben en que consiste o seu traballo e Nerea e Sara axudáronlle a amosarnos como se protexen nun incendio con eses traxes e equipos tan especiais (molounos falar e escoitarnos polo walkie talkie). Ademais aprendimos como debemos actuar se houbese un lume no cole ou na nosa casa: avisar a un maior, taparnos a boca co mandi, non escondernos porque non saberían onde estamos, saír amodo e deixando as nosas cousas na clase... 
Todo cunhas imaxes nas que... ata aparecía "A patrulla canina"!.
Grazas equipo!. Aquí nos tedes familias e xuntos podemos disfrutar de todo o aprendido. Animádevos!. 


3 comentarios:

  1. O certo é que @s peques o desfrutaron e aprenderon moito!. O tratamento normal e significativo destes e outros temas fan que @s nos@s nen@s medren seguros. Grazas pola túa aportación.

    ResponderEliminar