ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 8 de abril de 2016

MOITAS "EIRUGAS LARPEIRAS"!

Lembrades o conto que a principio de curso nos inspirou para facer o noso mantel da parva?. Era o titulado "Unha eiruga moi larpeira". Pois estes días acabamos de descubrir que no noso cole sempre esperan a chegada da primavera... mooooooitas eirugas larpeiras!. Pero estas non se van converter en coloridas bolboretas porque son: eirugas da seda. 
Primeiro vimos os ovos dos que saen as larvas (coma o do conto):


Despois vimos as larvas que sairan dos ovos e que metimos nunha caixiña:


E final mente observamos que... si que son larpeiras! porque pasado un tempo xa tiñan furadas as follas de moreira que lles botamos porque... é do que se alimentan e non de pera, mazá, amorodos, doces... dos que se alimentaba a eiruga do noso conto. A estas da seda o que lles encanta é a folla de moreira.


Así que... xa sabedes! podedes axudarnos a alimentalas traéndo follas de moreira que hay nunhas árbores grandes preto da piscina. (Da moreira pendular do xardín non abusedes moito porque axiña queda sen follas porfi). Mentres esperamos que lle saian as follas ás que temos no xardín de infantil que van máis amodo. Graciñas!!.

 


 


 



 
 
Seguiremos informando!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario