ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 13 de diciembre de 2016

COÑECIMOS AO APALPADOR!.


As nosas compañeiras da clase dos ciclistas Leyre e Noa viñeron á nosa aula para ensinarnos ao Apalpador. Esta personaxe das noites de Nadal na Serra do Courel que nos so coñeciamos de oídas polos contos, estivo connosco un ratiño. Viña moi abrigado porque onde el vive vai moito frío. Mágoa que non nos trouxera unha poucas castañas para encher os nosos bandullos!. Ah! Certo! que eso somentes o fai nos derradeiros días do ano!. Poida que a algún de nos... ata nos veña visitar!.
Grazas Leyre por traernos "en persoa" a este personaxe da nosa tradición.



   

No hay comentarios:

Publicar un comentario