Ola familias:
Aquí estamos nen@s e profe logo dun mes xuntos. Vedes o noso sorriso representado neste debuxo?. Pois o certo é que foi o sinal de identidade xeral deste primeiro contacto co cole. En tan pouquiño tempo que levamos xuntos non houbo un día en que non disfrutaramos nalgún momento da compaña dos nosos novos amig@s e d@s profes. A cadaquén levoulle o seu tempo e aínda que a todos nos custa un pouquiño separarnos da nosa familia imos dándonos conta de que cos demais tamén o pasamos xenial e aprendemos... moitísimo!.
Comezamos pois a nosa andaina!.
Seguídenos desde este blog pero sobre todo... apoiade moito cada pequeno avance pois será o que ao final nos fará GRANDES.

No hay comentarios:
Publicar un comentario