Estes días están cheos de sorpresas!. Estamos a final de curso en entre organizar os nosos traballos, excursión, días de diversión, preguntas sobre Primaria... non paramos.
Hai uns días deixámoslle o noso patio ao peques de 3 anos que se incorporarán no vindeiro curso e nós marchamos para o dos maiores. Foi estupendo atopar a familiares e amigos que xa están en Primaria!. As nosas profes estaban vixiantes por ver como nos desenvolvíamos e que non nos mancáramos pero todo foi de maravilla: temos unha fonte para beber que non para mollarnos, podemos ir á biblio do cole se nos apetece descansar ollando un libro ou xogando nos ordenadores, podemos coller cordas e peonzas dun baúl e tamén pedirlle a Diego os balóns para xogar ao basket e ao fútbol... Esto da Primaria empeza a estar guai!.
PATIO DOS MAIORES - Kizoa Movie Maker
VISITA A AULA DE 1º.
Hoxe por fin visitamos as aulas de 1º. Aos Xirasoles tocounos a aula de 1ºA. Todo estaba disposto e os compañeiros e a súa profe explicáronnos con moito detalle como se desenvolve un día en primaria: teñen normas coma nós, un semáforo para ir ao baño, pantalla dixital na aula, percheiros na clase para colgares mochilas e chaquetas, estoxos individuais, unha mascota que viaxa a cada casae moitas cousas máis... Logo de atender a tódalas explicacións cada compi agasallounos co Pasaporte a Primaria que recollimos... cun pouco de vergonza. Ao chegares á clase límolo e comprometímonos a traelo en setembro, moi ben decorado por suposto.
Non o esquezades familias!.
Ah! E tamén nos deu tempo a visitar a aula de francés e a de relixión. É que está todo tan pretiño!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario