Esta semana o noso compi Senai tróuxonos unha fermosa cestiña. Nela descubrimos follas, flores e froitos de... castiñeiro!!. Foi moi interesante porque entre todos dialogamos sobre onde se atoparían todos estos pequenos tesouros e chegamos a imaxinar un gran castiñeiro: coas súas pólas, coa flor da que logo agroma o ourizo e do que, con moito coidadiño, podemos sacar o froito: a castaña. Algún atraveuse a abrir o ourizo. Ollade!. Grazas a Senai e á súa familia por axudarnos a aprender aportándonos un anaquiño da natureza que temos tan preto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario