Todos oiramos falar e coñeciamos as abelás pero moitos non viramos nunca a casula na que se agochan na abeleira. Marcos ensinóunola e poidemos tamén escoitar e sentir nos nosos dediños como se abanea a abelá dentro da casca. (Xa estaba dicindo: cómeme, cómeme!). E aínda que ninguén se animou a probalas non remataremos o outono sen fincarlles o dente. Decirvos que esta aportación servíunos, entre outras cousas, para aprender novas palabras. Grazas Marcos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario