ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 9 de noviembre de 2012

POLO SAN MARTIÑO OS PEÓNS AO CAMIÑO!!

Onte os xirasoles empezamos a preparar o "Día do peón" que celebramos hoxe. Fixémolo compartindo o noso coñecemento acerca deste xoguete que tantos anos ten. Descubrimos que xa os nosos avós xogaban a bailalo. Ah! e vimos uns videos moi chulos que nos amosaban como nenos, novos e maiores sabían bailar a buxaina.


Hoxe, dimos cor ao debuxo conmemorativo desta data e disfrutamos coa presenza das nosas familias no cole. Coa súa axuda e durante os anos que esteamos no cole de seguro que seremos uns expertos bailando o peón. Seguide animándonos, maiores, a non esquecer e perder as nosas tradicións. GRAZAS!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario