ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 1 de febrero de 2013

1º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO.

Aquí o tedes, é o esqueleto Manolo, o símbolo do Entroido no noso cole. Como cada ano é o primeiro en ir animándonos para a festa. O Xirasoles chegamos a ler a súa mensaxe un pouco desconfiados: eses ósos tan brancos e delgadiños... Algún dixo que era como "su abuelito bebé pero ahora viejecito" (miña naiciña! que futuro "tan real" nos espera...). Sen embargo, tocando o xeonllo de Manolo, poidemos comprobar que tamén nós temos esa boliña redonda e moi dura pero... cuberta de pel e outros órganos. Vede pois que nos deu para moito esta primeira visita a Manolo.
Deixámosvos estas fotos e... animádevos!, o luns temos que aparecer guapííííísimos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario