ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 18 de septiembre de 2016

OS PANDAS... DE NOVO NO COLE!

Ola a tod@s!. Xa rematou a nosa primeira semana no cole. A pesares de estar un pouco desorientad@s porque... a clase dos Pandas se trasladou de lugar no corredor, gozamos moito: reencontrándonos cos amig@s, coas profes e lembrando as rutinas diarias que tiñamos algo esquecidas. Tamén nos tocou coñecer a profes nov@s como o profe Javier que nos acompañará en "deporte" ou á profe Sonia que nos ensinará a "xogar coa lingua". Así mesmo coñecimos novos lugares de aprendizaxe como a aula de informática na que comezamos co uso do ordenador. É que xa somos maiores! 
Foi unha semana estupenda pois chegamos con enerxías renovadas e dispostos a aprender moito, moito, moito.
Aquí volo amosamos nestas fotos: revivindo rutinas, recordando o verán, plasmando as nosas vivencias, xogando... en definitiva, aprendendo.   
Comezamos un novo curso con moitas gañas e ilusión. Acompañádesnos nesta nova andaina?. Contamos convosco familias!.

Ah! e ademais desde o mércores nos acompaña Cintia que está a aprender a ser mestra. Xa está no noso panel e axundándonos moito nas nosas tarefas. Benvida Cintia!. Esperamos poder axudarche moito e tamén nós, aprender moito de ti. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario