ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




domingo, 2 de octubre de 2016

SEGUIMOS CUMPRINDO 4 ANIÑOS!.

Os Pandas seguen a cumprir 4 anos!. Este mércores celebramos no cole o aniversario dos que cumpriron en agosto e neste mes de setembro: INÉS, REEF E VÍCTOR. Estes pandas decoraron a súa coroa e os compis agasallámolos cunha felicitación especial na que todos asinamos. Ademais non poido faltar a riquísima torta da... Patrulla Canina e uns zumes cargados de vitaminas!. Dimos boa conta de todo... que non quedaron nin as faragullas. Grazas familias pola vosa disposición e mil parabéns para os nosos homenaxeados. A cumprir moitos máis!.







Ah!. Esquecíansenos os parabéns para Cintia que tamén cumpríu anos en agosto. Parabéns de todos os Pandas e da súa profe para ti, Cintia!. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario