ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 15 de octubre de 2016

AS NOSAS FESTAS!


Rematou setembro!. Uf!. Cantas cousas interesantes neste mes: as Festas das Peras e o comezo de curso. Moitos nervios pero... xa neste mes recén estreado podemos decir que "estamos rodados", compartindo experiencias e aprendendo moitísimo.
Na clase dos Pandas aproveitamos o noso entusiasmo polas festas da nosa vila lembrando e compartindo todo o que sabemos delas. 
Para que nos resultara máis doado imaxinamos que chega á nosa aula un rapaz dun lugar lonxano. Por exemplo... de Etiopía (o país do noso compi Amoná) porque... Etiopía está moi lonxe de nós (mirámolo no mapa). O noso novo amigo Bekelé (buscamos nomes etíopes na internet) non sabe como celebramos aquí as festas así que explicámosllo:

- Nos divertimos.
- Hai colchonetas.
- Coches e trens. 
- Fiesta y ruleta.
- Cama elástica, hinchables, gusano loco.
- Un excalestric.
- Las bolas y piscina de agua.
- Fuegos artificiales (son de colorines en el cielo y una cascada en el puente de hierro, formas de espirales y estrellas, son carísimos).
- Un xogo de pesca.
- Un simulador (ves una peli y parece que vuelas).
- Hacen dulces de algodón de azúcar.
- Hay rock and roll.

Bekelé escoitou moi atento e durante un bo anaco todas as nosas aportacións pero... pensativo engadíu:

- Que xenial! pero... todo iso tamén o hai no pais do que eu veño. Nas festas do voso pobo... non hai nada especial?.

Foi entón cando algún de nós pensando, pensando, engadíu:

- Hai mómaros!. Son máis grandes que os papás e son un señor e unha señora.

- Se ponen unos dentro y suena la música "moroñó, moroñó". Tienen gaitas.
- Y cabezudos.
- Un mómaro lleva la espada.
- Los cabezudos son pequeñitos.
- En Betanzos tienen mómaros Reyes, los de Pontedeume les enseñan a bailar.
- Saben bailar y chocan.
- Los cabezudos son niños disfrazados.
- Hace mucho tiempo bailando la mómara le rompió el brazo al mómaro y se lo cosieron.
- Son de espuma y tela.
- A cucaña que é un barco con bandeira e pau e os señores téñena que coller pero se caen á auga perden. Un facía trampa.
- O pau esvara moito.
- Despois da cucaña hai un barco con un home que rompe porque ten petardos. Chámase "O galán".
- Fai moito ruido.
- La cabeza explotó.
- Dá vueltas todo el rato.
- A mómara cada ano cambia o cabelo.
- Los mómaros son aburridos.
- Les llaman Fiestas de las Peras porque hai un concurso de frutas y a veces llevan peras.
- Son veinte días.
- No!. Dos.
- Cinco.

Despois de todo isto Bekelé quedou abraiado!. Porque... hai que ver canto saben os nosos Pandas sobre as festas!. A partires de aquí foi cando fomos concretando o noso primeiro proxecto de curso. O principio foi buscar información nos materiais aportados e pouquiño a pouco fomos situando todo o que sabiamos nos días que realmente duran as festas. Como víchedes para algúns duraron un mundo!. 
Practicamos a lecto-escritura coas palabras máis significativas das festas, probamos diferentes técnicas plásticas, danzamos de mómaros e desfilamos coma cabezudos, descubrimos diferentes publicacións sobre as festas (algunhas de hai moitos anos e estrañounos que non tiveran cor), vimos vídeos, ata os Bolechas coñecen As Fragas!, aprendimos o que é un rótulo e unha maqueta, comprobamos o que mide realmente un mómaro e que non nos cabería na clase...
Aquí está a nosa pequena reportaxe para que disfrutedes con ela tanto coma nós. Non esquecemos darvos as grazas familias polas vosas aportacións e o voso traballo cos nosos pequen@s nesta aprendizaxe.




No hay comentarios:

Publicar un comentario