ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 20 de octubre de 2009

SANTA PACIENCIA...

No noso blog non só vai haber sitio para cousas que dicimos "bonitas", non. O noso blog será un lugar de información, de participación e de DENUNCIA; polo que hoxe esta entrada non pode faltar despois de que os nenos e nenas de E. Infantil tiveran que marchar para casa por mor dunhas inundacións.
Cando un neno ou unha nena se prepara cada mañán para ir á escola, acostuma a falar ou preguntar na casa polos seus amigos, sobre que vai aprender hoxe, si é o día de ir a E. Física... cousas habituais, non? Pero o certo é que, logo de dúas inundacións en TAN SÓ 15 DÍAS, os nosos picariños comezarán a preguntar: "hoxe poderemos quedar no cole?", "estará todo sucio de augas fecais?" ou "por que non o limpan cunha fregona e xa entramos?" (se fose só auga xa estaría solucionado pero a inundación neste caso non só trouxo auga de choiva ás clases, senón que tamén trouxo as augas residuais da vila). Como respondemos a isto mestres e familias? É fácil á vez que irrisorio: "mira para o ceo e para o mar: se chove e está a marea alta, teremos que volver para a casa".
Danos vergoña pero sobre todo rabia, polo que cremos que, polo ben dos rapeces/as, os verdadeiramente perxudicados, TEMOS QUE ACTUAR.
Animávosvos a que acudades a ANPA para tomar medidas conxuntas coas que facer presión e así solventar esta situación. CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS FORZA TEREMOS. De non ser así, vémonos todo o curso mirando para o ceo e para o mar...
UNHA TRISTE REALIDADE



Déixovos a continuación dous enlaces da presenza da noticia nos medios para ampliar a información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario