ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 19 de noviembre de 2009

OS CARACOIS XA TEÑEN NOME!!!

Bueno, por fin hoxe xa tomamos unha decisión sobre o nome dos nosos caracois a raíz de falar dun dos Dereitos dos nenos (que por certo mañá é a conmemoración). Como todos os nenos e nenas teñen dereito a ter un nome e unha nacionalidade concluimos en que os nosos caracois non podían quedar sen nome. Así que primeiro retomamos a idea de Maya de onte ("Coliflor") pero como hoxe tampouco calou entre os votantes fomos propoñendo novas ideas.

Bueno, ó final, que a cousa quedou así: Antón é o nome do caracol grande ( foi unha proposta de Brais que desde o comezo gustou no grupo); o mediano chamarase Iago (foi a proposta de Antía, non sei por que, espero que sexa en homenaxe ó seu irmán Iago e non unha vinganza); e os pequerrechos Lolos (ían chamarse Lolas, pero aí non metiamos en "terreos pantanosos" para os tres aniños que temos..., entón propuxemos Lolo e valeu ).

Esperamos que non haxa cambio de nomes, se non, manterémosvos informados. Ata a próxima!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario