Bueno, en primeiro lugar agradecer a nai de Celia (dos gatiños) á súa colaboración ó cedernos as súas fotos para subir esta entrada ó blog. Como ben sabedes o pasado día 11 de novembro foi unha xornada na que pais, nais, irmáns, nenos e mestres compartíchedes entrañables momentos de xogo recordando un dos xogos tradicionais por excelencia: o peón.
Así que aí tedes as fotos para que recordedes ese momento. Que envexa, canto sentimos Dámaris mais eu (Ilenia) non poder estar... Para o curso que vén, haberá que facer o posible para non perder esta experiencia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario