Un día, vai xa bastante tempo, apareceu no cole unha caixa ben grande que, polo que puidese pasar, os gatiños decidimos gardar. Pois ben, o mércores xa tivo utilidade, concretamente para traballar as nocións dentro e fóra. De todos é ben sabido que o mundo dos nenos é o mundo da imaxinación e fantasía, así que esta caixa non quedou nunha simple caixa senón que pasou a ser un castelo, un barco, un escondrixo... Mirade a cariña dos pequerrechos nestas fotos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario