Hoxe foi un día especial xa que houbo moitas sorpresas. Logo do recreo, e da man dos/as nenos/as e nenas de 3º de E. Primarias gozamos dunha sesión de teatro, para conmemorar o Día do teatro que será este sábado 27 de marzo. As obras escollidas foron: O rato que comía gatos e A aula de tócame - roque. A verdade é que foi unha experiencia marabillosa, as obras eran cortiñas como nos gustan a nós para non cansar pero moi moi moi divertidas.
Moitas grazas compañeiros/as e sobre todo ós/ás seus/súas profes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario