ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




martes, 2 de marzo de 2010

UNHA QUENLLA NO MUELLE DE PONTEDEUME!!!

Pois si, como vedes esta foi a noticia que recibimos onte xusto ó saír do cole e, claro, xa vos podedes imaxinar, o tema de conversa esta mañá non podía ser outro...
Ata tivemos unha reporteira gráfica (Celia da clase dos Gatiños) que nos trouxo unhas fotos nas que se veía moi ben. Nestas fotos podedes ver que atentos estivemos mestres nos explicaba todo.
A verdade, é que moitos de nós nos achegamos ata alí e aportamos máis datos á información, unha quenlla no muelle de Pontedeume non é algo que pase todos os días...





Despois das fotos de onte, Antía hoxe tamén quixo ensinarnos as súas en tamaño xigante. Decidímolas poñer no lugar no que facemos a asamblea para botarlles unha ollada cando queiramos. Moitas grazas a ti tamén Antía.

2 comentarios:

  1. Como a vila de Pontedeume é tan bonita, ata as quenllas queren visitala...pero creo que este peixe estaría mellor en "conserva" que na "conversa" do día, non si?. Cousas das presas que fan cambiar as letras de sitio.
    Teñen razón as profes cando din que a excursión á Domus foi agotadora, só hai que ver como foi a volta para facerme unha idea. Noraboa a todas as profes que se atreven a sair de viaxe cos máis pequerrechos.
    Biquiños ferroláns para todos/as.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Taty, erro solucionado, creo que as profes estamos pedindo a berros unhas vacacións cedo, por favor... Por certo, non sei como estaría a quenlla en conserva, en conversa estivo moi ben...

    ResponderEliminar