ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 5 de marzo de 2010

UNS CÁGADOS NA CLASE DOS GATIÑOS!!!

Hoxe Celia, da clase dos Gatiños, veu moi contenta ó cole porque non viña soa... traía uns cágados (ou renacuajos, para entendernos)!!! Así que, o primeiro que fixemos logo de poñer os mandilóns foi darlles a benvida e observalos ben de cerca. Puidemos ver a súa coliña e ata aprendemos que dentro dun tempo xa non serán cágados, senón que serán ras!!!

Buf, que ilusión temos, xa sabemos que perderán a súa coliña e naceranlles patas, e logo saltarán polas charcas...

Foi todo un acontecemento, e aínda que non o creades, os Gatiños e as Gatiñas pasaron toda a mañá indo a comprobar se xa lles caera a coliña... O tempo non pasa para estes pequerrechos como pasa para os adultos...

Non vos preocupedes Gatiños e Gatiñas,

algún día chegarán a ser ras aínda que nós non o vexamos,

así que cando vexades unha ra...

mirade ben se se parece a algúns dos cágados que tivemos no cole,

o mundo é un pañuelo xa se sabe...




No hay comentarios:

Publicar un comentario