Que é unha norma?. Para que serven as normas?. Que ocorre se non se cumpren?... Partindo da conversa e reflexión sobre a temática, (na que nos axudaron moito os coñecementos previos sobre as normas de tráfico e a coñecida función sancionadora dos policías) e dos catro cadros que a mestra nos tiña expostos desde comezo de curso e aos que recurría cando algo non se facía como era debido; as Gaivotas decidimos ampliar as nosas normas logo da necesidade de arbitrar aspectos cotiás que descontrolaban o convivir diario. Vede o resultado e... por favor traspasádeo tamén á vida diaria dos pequerrechos fóra do cole. Xuntos faremos un mundo mellor desde os "pequenos" xestos. Por certo os nenos e nenas axiña identificaron: profe=policía, cadeira de pensar=multa ou cárcere. Real como a vida mesma!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario