ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 17 de abril de 2010

UNHA PROFE NOVA NA CLASE DOS GATIÑOS

A pesar de que esta entrada debía terse publicado hai uns días, o certo é que a profe Ilenia despistouse con todo o lío de preparar traballiños para facer sobre a pirmavera. Pero seguro que os Gatiños e as Gatiñas na casa xa deron a nova: temos unha profe máis connosco, a profe Inés. A verdade é que como no caso de Alba no 1º trimestre, está aprendendo para ser unha execelente profe (que seguro conseguirá). Así que aproveito para vola presentar nun momento no que está a explicar un traballiño ós Gatiños e Gatiñas.

1 comentario:

  1. Que contentos deben estar os gatiños e gatiñas porque agora teñen duas profe, e que profes tan boas, non si?. Espero que os portedes ben con Inés porque estou segura que o merece.
    E ti, Inés, ánimo que dentro de pouco estarás ti de profe cos teus alumnos. Un biquiño para tod@s

    ResponderEliminar