ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 1 de mayo de 2010

A FESTA DOS MAIOS

Chegou a festa dos maios e os Gatiños e as Gaivotas xunto co resto de compañeiros/as de E. Infantil púxemonos a traballar para facer entre todos "O maio dos Couceiriños". O resultado, podédelo comprobar vós mesmos nestas fotos, pero o máis importante, e que todos pasamos un tempo xenial colocando as flores e froitas mentres cantabamos as cancións que preparamos para a festa.
Hoxe, sábado 1 de maio, esperamos que nos acompañedes no concurso de maios da nosa vila, non sabemos se gañaremos, pero como se dí sempre: o importante é participar.
Graciñas a todos e todas pola vosa colaboración, que unha vez máis foi envidiable!!!
Por certo, aquí tedes a canción que compuxemos para partcipar no concurso. Hai que aprendela porque temos que cantar todos xuntos!!! A canción di así (a música é a de "Vamos de paseo"):


Do Couceiro imos vir
pra o noso maio lucir
se queres pasalo ben
canta connosco tamén
Chegaron os maios
si si si
todos adornados
si si si
cheíños de flores
si si si
e de moitas cores
si si si




2 comentarios:

  1. O sábado estiven vendo o concurso dos maios en Pontedeume e a forma de adxudicación de premios non me pareceu a máis axeitada. Penso que debería facerse por categorías, porque non é o mesmo un maio de pequerrechos que de nenos/as de 6º ou de agrupacións onde hai xente de todas as idades. A organización debería ter en conta este aspecto.
    De todas formas o maio de Infantil gustoume moito pero co que máis disfrutei foi cando cantaron a canción. Algúns parecía que nacerán para cantar en vivo e en directo....

    ResponderEliminar
  2. Estamos complemtamente de acodo contigo Taty.

    ResponderEliminar