Como ben sabedes todos, o pasado 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi Uxío Novoneyra. Para traballar este tema no cole, organizamos unha serie de actos como un certame de poesía, a confección dun álbum de fotos de todos os autores homeaxeados ata este ano, o recitado de poesías durante unha semán ó chegar cada mañá.... Así que aquí tedes a nosa pequena pero importante aportación, esperamos que vos guste !!!
Neste primeiro vídeo podedes escoitar a poesía que compuxemos entre todas as clases de E. Infantil para o certame de poesía.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Neste primeiro vídeo podedes escoitar a poesía que compuxemos entre todas as clases de E. Infantil para o certame de poesía.
Neste segundo vídeo, estamos recitando a poesía de Uxío Novoneyra titulada "A Devesa".
E como fin de festa... concerto de Iriadona, grupo musical da nosa vila co que gozamos cantando cancións populares eumesas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario