Hoxe, pese ó mal tempo que tivemos, fomos de excursión de fin de curso. O lugar elixido foi "Aldea Nova", onde o pasamos moi ben facendo tres obradoiros: cociña divertida -onde realizamos un iogur delicioso (que despois comemos) e logo decoramos uns debuxos empregando distintos alimentos-; visitamos a horta -onde prantamos sementes , observamos diferentes cultivos, prantamos leitugas e recollimos as que xa estaban listas para comer-; e, por último, tiñamos que coñecer os animais da granxa, pero como chovía tanto, conformámonos con observar as galiñas, os galos, os pitiños e os patos (non puidemos ver as ovellas, as vacas, os cabalos...) e con coñecer onde vivían antigamente (establos) e facer uns títeres que levamos para a casa. Todo isto, deixando un anaquiño polo medio para comer e para o xogo libre.
Foi unha experiencia marabillosa coa que todos pasamos un bo rato e aprendemos cousas novas. Que vos contaron na casa os peques??? Mirade estas fotiños para facervos unha idea de todo o que fixemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario