OLA a to@s!!!! O pasado 13 de setembro xa comezamos as clases no noso cole e os Gatiños e as Gaivotas reecontráronse de novo cos seus amigos e coas súas profes. Como era de esperar o momento foi vivido con moita ilusión e con algúns nervios, que logo se trasformaron en momentos de xogo nas novas clases e no patio.
E os Gatiños, recordando costumes do curso anterior, non dubidaron en pedir que lles lera o conto titulado O gato lambón da Ed. Kalandraka (entre gatos tiña que andar...) aínda que xa o saben de memoria. Se tedes a oportunidade de llelo ler, non o dubidedes e xa veredes como viven esta historia.
Pois nada máis polo de agora, mirade estas fotos para facervos unha idea e non perdades de vista este blog porque como no curso pasado, estará cheo de sorpresas!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario