ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




miércoles, 22 de septiembre de 2010

VAIA SORPRESA!!!! UN OVO DE QUENLLA NO COLE!!!

Si si!!! Como ledes!!! Onte a Gatiña Celia quixo traer ao cole un ovo de quenlla que conseguiu (se non entendín mal) durante unha visita á Casa dos Peixes de A Coruña. Vaia sorpresa!!! O primeiro que recordaron os Gatiños foi a chegada ao peirao de Pontedeume dun exemplar morto durante o curso pasado. Así que xa vos podedes imaxinar: xa nos puxemos a compartir os nosos coñecementos sobre as quenllas e... quen sabe! Ao mellor isto nos dá pé a abrir unha "investigación" sobre as quenllas máis profunda. A decisión está en mans do interese e curiosidade dos Gatiños sobre as quenllas.

Moitas grazas Celia e familia por compartir esta experiencia connosco!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario