O pasado mércores fomos de excursión a casa da Gaivota a Sabela, aproveitando a posibilidade que nos ofreceu a súa familia. A experiencia foi do máis enriquecedora e TODOS QUEDAMOS ENCANTADOS.
E a verdade e que nos deron a oportunidade de facer de todo: fomos ver a planta do millo, recollemos o millo, esfollámolo e vimos como se debullaba. Logo fomos ver como tamén se pode debullar o millo cunha máquina e como a partir dos grans de millo se fai a fariña nun pequeno muíño. Finalmente puxémonos coma "pepes" comendo "palomitas".
Pero non quedou aí a cosa. Polo medio, fomos vendo galiñas, pitiños, un coello, un paxariño, o hórreo onde se garda o millo e un forno dos antigos.

MOITÍSIMASSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS GRAZAS Á FAMILIA DE SABELA POR REGALARNOS ESTA EXPERIENCIA!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario