ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 15 de noviembre de 2010

UN HÓRREO PARA APRENDER 2

Velaí vai!!, a segunda entrega de “Un hórreo para aprender”. Na anterior as gaivotas amosámosvos a construcción do noso hórreo e nesta xa podedes ver como o imos enchendo: decoramos mazarocas de millo que penduramos no corredor e aprendimos moitas cousas ben interesantes. Sabíades que hai tempo en Galicia non se coñecía o millo?, que foi Cristóbal Colón quen o trouxo de América na súa carabela xunto coa pataca e o cacao?, sabedes cando se sementa e cando se recolle o millo?... O certo é que unha cousa nos leva a outra e ata xa sabemos como se chamaban as tres carabelas coas que Colón viaxou ao novo mundo.
Como vedes estamos a aprender esto e moito máis. Ollade, ollade para o noso hórreo!!! e seguide atentos. De seguro que ata os maiores podedes aprender connosco.




No hay comentarios:

Publicar un comentario