ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




lunes, 8 de noviembre de 2010

UN HORREO PARA APRENDER.
Logo de facer un descanso no noso Proxecto sobre o Millo, xurdido da visita á casa da nosa compañeira Sabela para experimentar a recolleita deste cereal, debido á semana do Samaín e do Magosto, retomamos o estudo desta temática coa realización dun Hórreo.
As gaivotas xa sabemos que no hórreo secan as mazarocas de millo que se van a utilizar durante o ano para a alimentación dos animais ou para a elaboración de fariña coa que facer diferentes alimentos. Queremos pois que este hórreo nos sirva para ir “secando e deste xeito pouco a pouco absorvendo” todo o que estamos aprendendo sobre o millo.
ESTADE ATENTOS AO NOSO BLOG E VEREDES CANTO APRENDEMOS XUNT@S!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario