ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




sábado, 4 de diciembre de 2010

PORQUE CHEGA O NADAL...!!!

Xa chegou ao cole e ao noso redor, esta época de ledicia a ás veces de morriña. É o Nadal!!!. Desde a clase das Gaivotas queremos amosarvos a fermosura destas datas expresada nos nosos e “vosos” traballos que con tanto cariño fan que os ollos de calquera amosen un brillo especial. Grazas familias por colaborar na felicidade de todos ao axudar ás vosas gaivotiñas na realización do adorno de Nadal co que confeccionamos estas fermosas árbores que vedes. Nos tamén decoramos a clase cun nacemento especial, sobre todo “na cor” das personaxes. A todos nos gustou moito e aprendimos a mirar a realidade con “outros ollos”. Desexamos que tamén vos guste, o mesmo que o aproveitamento que fixemos do noso hórreo. Ogallá nestas datas todos tivesen aínda que fose un hórreo onde acubillarse. Bo Nadal e Venturoso Ano 2011!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario