As gaivotas comezamos este trimestre a utilizar o servizo de préstamo que nos ofrece a biblio do cole “O xardín do pasatempo”. Para eso preparámonos moi ben lembrando os “compromisos”que xa desde o curso pasado adquirimos como usuarios da biblio. Entre todos fomos lendo a nosa tarxeta de compromisos. Levámola para a casa na carpeta a canda o libro escollido, para que papá e mamá os coñezan e nos axuden a non esquecelos. Logo a profe deunos a gran sorpresa de “Un carnet de biblioteca”. Que importante! (exclamou a gaivota Celia). Falamos da súa función: con el podemos retirar o libro que nos gusta, o ordenador recoñece quen somos, que libro levamos e cando debemos devolvelo para que outros nenos o lean. Puxémolo en práctica na biblio e voltamos a clase para decorar a portada do “Libro dos libros lidos” no que faremos un debuxo e comezaremos a escribir algunha palabriña que nos gustou do noso libro. Sempre coa axuda de papá e mamá. Grazas familias.









No hay comentarios:
Publicar un comentario