No día de hoxe e invitados por Alexandre os gatiños e as gaivotas fomos á biblio do noso pobo. Alí o seu responsable explicounos o que debemos facer cando imos á biblioteca: alí podemos ler libros e tamén levalos prestados para a casa. Moitas cousas xa as sabiamos pois no cole aprendemos a ser usuarios responsables da nosa biblio. Tamén nos proxectou o conto do dromedario Macario e para rematar invitounos a tod@s a visitalo calquera tarde.
Así que xa sabedes familias levádenos á biblio municipal que Alexandre e moitos libros nos esperan!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario