Desde onte, na clase dos Gatiños, e durante uns días, imos xogar ás tendas. Para iso, fixemos 6 moedas de papel cada un de nós e colocamos os produtos que imos vender. Todo custa 1 euro, polo tanto unha moeda.
Está a ser todo un éxito e estamos a aprender un montón: facemos sinxelas contas (o que gastamos, o que nos queda, o que podemos mercar...), contamos as cousas que mercamos, esperamos a nosa quenda na cola, pedimos as cousas por favor, damos as grazas...
Mirade estas fotiños que merece a pena!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario