Nas asambleas de todas as mañás, os gatiños teñen un oco para contar ou ensinar ao resto de compis e ás profes o que desexen. Hoxe Antía e Iker coincidiron en traernos dúas cousiñas moi importantes para eles:
- Iker trouxo unhas fotiños da súa irmá Mencía, que acaba de nacer hai pouco e que todos estabamos desexando coñecer.
- E Antía trouxo unha carta que lle enviaron á casa, na que se lle felicitaba polo seu cumpre!!! Carais que importante!
Moitísimas grazas peques por compartir os vosos intereses e vivencias con todos nós!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario