ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 4 de marzo de 2011

DO COUCEIRO FOMOS AO ENTROIDO CASE 101 DÁLMATAS

Pois si, esta mañá os nenos de E. Infantil fomos disfrazados de dálmatas e.... eramos case 101! (98 para ser exactos) e como non, non podían faltar as Cruellas de Vil!!!
Paseamos polas rúas da nosa vila e cantamos a canción que compuxemos (coa música de Bisbal do mundial) na praza Real, rodeados de moitísima xente!!!
Ao chegar, os canciños viñan mortos de fame polo que tomamos de novo forzas cos doces de entroido que sobraran da festa de onte.
Esperamos que vos gustara a nosa actuación e que disfrutedes destas fotiños!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario