ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




jueves, 31 de marzo de 2011

FOMOS AO "AQUARIUS"

Logo de varias xornadas esperando este día aquí estamos as gaivotas super emocionadas: despedíndonos das nosas familias e dispostas a pasar un día “guai”. E así foi, estivemos todos moi atentos e non perdimos detalle: desde o Nautilus vimos ao tiburón Gastón e aprendimos moito sobre el, vimos as focas e os diferentes acuarios cos peixes máis orixinais e fermosos: raias, rodaballos, morenas, polbos, san martiños, mexillóns, sardiñas... e voltamos moi espertos lembrando todo o descuberto. Mamá e papá preguntádenos o que queirades sobre este tema, cada día imos lembrar o aprendido e aprender un pouquiño máis, AXUDÁDENOS E… SEGUÍDENOS!!!. GLUP,GLUP,GLUP…


No hay comentarios:

Publicar un comentario