Onte fomos de tendas no “Hiper das gaivotas”. Xa tiñamos preparados os euros e a carteira. Fixemos os rótulos e clasificamos a mercadoría. A falta de carriño gardamos as nosas compras nunha bolsa e mentres uns mercamos outros vendimos. Case todos gastamos os seis euros que levabamos na carteira e “voltamos á casa”, felices. Fixemos caixa pero démonos conta de que algúns vendimos menos que outros e puxémonos un pouco tristes porque os euros gañados eran poucos. Pura e crúa realidade!!. Volva cando queira!!, aquí ten a volta!!... foron frases espontáneas. Disfrutamos moito e decidimos convertir o noso hiper nun super no que poder xogar todolos días na clase. OLLADE, OLLADE AS IMAXES!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario