Onte pasamos un intre divertido como remate do proxecto sobre os alimentos. Xogamos co “Crocodilo coidadentes” que nos ensinou cales son os alimentos que fortalecen os dentes e cales os prexudican, tamén nos animou a cepillarnos os dentes e a comer mazá (que tamén fortalece e limpa os dentes na ausencia de cepilliño). E por suposto, LAMBETADAS POUCAS. Aquí nos tedes ensimesmados no xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario