A VER SE NOS PODEDES AXUDAR CO TEMA DOS.... PEIXES!!!
Como ben sabedes o próximo mércores imos de excursión ao Acuario de A Coruña, polo que durante estes días e sobre todo despois da visita imos traballar co tema dos PEIXES. Así que unha vez máis pedimos a vosa colaboración para que os vosos fillos/as traian ao cole calquera cousa (libros, pelis, revistas, fotos, contos, información de internet...) relacionada co tema. Xa temos algunhas preguntas sobre os peixes que queremos investigar:
Teñen nariz?
Como se chaman as raias polas que respiran?
Como nacen as crías?
O tiburón é un peixe?
As baleas e os golfiños son peixes?
E sobre todo os gatiños queremos saber moitas cousas do peixe globo que nos ten abraiados, encántanos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario