Ao ires á biblio as gaivotas descubrimos uns ferros moi raros. Cando viñamos de volta decidimos barrenar en que sería aquilo. Para poñer libros dixo un, para colocar papeis dixo outro... Logo de explicar que en cada casiña efectivamente se poñían papeis diferentes para ser elexidos pol@s papás e mamás descubrimos que eso se chamaba "votar" pero... non dar botes como coa pelota senón que se trata de escoller á persoa que queremos para alcalde (a que manda, dixeron, e a que fará que o pobo sexa máis bonito e mellor). E por que os nenos non podemos votar?. Contestada esa pregunta os vosos fillos esperan participar con vós este domingo, para ver o que é iso de "votar".
No hay comentarios:
Publicar un comentario