Hoxe no cole tivemos sorpresa. O grupo Iriadona estivo acompañándonos dentro desta semán de festa: a festa das Letras Galegas,que continuaremos á volta da ponte. Tíñannos un especáculo preparado fermosísimo que nos deixou coa boca aberta... pero non os deixamos marchar sen interpretarnos as cantigas que o curso pasado máis nos animaron:
Vai tú, vai tú vai ela... e A saia da Carolina.
Moitas grazas pola vosa presenza e polo bo rato que nos facedes pasar sempre que vides ao noso cole!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario