ACTIVIDADES QUE ME AXUDAN A APRENDER.




viernes, 10 de junio de 2011

AVISPEIRO E BOLBORETA

Hoxe na clase das gaivotas observamos as aportacións de David e Aroa. David amosounos un avispeiro que lle colleu o seu pai, encargándose claro está, de que chegase sen avispa algunha. Observamos unha vez máis o traballo de arquitectura destas primas das abellas facendo as súas celdiñas. Tamén chamou a nosa atención que parecía estar feito de papel de seda polo delicado que era.

Aroa trouxo unha bolboreta "cazada" por ela mesma e que deixamos libre no xardín do noso patio pois... puxémonos no seu lugar e... "preferimos vivir en liberdade que pechados nun tarro". GRAZAS AOS DOUS.





No hay comentarios:

Publicar un comentario