Toc- toc....e... sorpresa!!!!! Estabamos sentados falando na asamblea, chamaron á porta e apareceu unha folla debaixo da porta!!! De onde viña???? Quen a puxera alí??? Saímos a investigar e atopamos todo o corredor cheo de follas que nos dirixiron ata a aula de psicomotricidade onde había unha cesta chea de uvas.
Entón empezamos a falar do tema xunto cos nenos das clases de 4 anos: da súa cor, olor, forma... Xurdiron cousas moi interesantes e moitas preguntas ás que teremos que dar resposta. Axudádenos???
- Como se chama a planta ou árbore das uvas? Houbo quen dixo "uvero" pero non estamos moi convencidos. Nerea sinalou que se chamaba "parra" pero temos que informarnos mellor do tema...
-Que é vendimar??? Algún apuntou que é "vender el mar" pero non estamos moi seguros...
-Mateo dixo que se podáin comer e beber...
-Antía contounos: "mi abuelo tiene una cosa con uvas juntadas y algo que les echas las uvas y después le vas rodando con algo y las machaca y luego vienen los mosquitos y se las comen..."
-Álex tamén dixo: "mi abuelo las coge para comer". "A mí me gusta el vino de niños".
E isto é todo polo de agora, que xa é bastante... Mañá... máis e mellor!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario