Lembrando as nosas orixes celtas... con esta festa celebrábase o final da tempada de colleitas (verán) e comezaba a estación escura e con ela o ano novo celta, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. Tamén era a data de comunión cos defuntos que tiñan "autorización" para visitarnos esperandoos con ricos manxares e candeas alumeando nas portas, tradición que evolucionou cara ao que hoxe facemos: tallar cabazas colocándolle candeas ou que os nenos vaian de casa en casa pedindo doces.
As gaivotas, coma o resto dos compañeiros de infantil, lembramos esta tradición adornando o noso corredor con estes "terroríficos" morcegos. Mirade que chulo nos quedou, non si?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario