Hai uns días desde a biblio se nos invitou a elaborar un "conto de medo" aproveitando este mes do samaín. As gaivotas elaboramos un fermoso conto no que o protagonista é un morcego pero para darlle contido ao mesmo tivemos que facer como os bos escritores, documentarnos. Grazas as investigacións dos "nosos detectives" aprendimos: que os morcegos son mamíferos voadores, que se orientan grazas ás ondas que rebotan nos obxectos cando voan ou emiten sons, que son omnívoros... e moitas cousas máis. Ollade como nos implicamos na tarefa e, coma sempre, grazas ás familias por axudarnos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario