Neste trimestre no cole estamos a celebrar o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro cunha exposición de traballos no taboleiro da lingua que está no corredor da planta baixa do cole. Con este motivo, entre todas as clases de Infantil fixemos o seu retrato con pegadas dos nosos dediños. A aportación dos Gatiños e das Gaivotas tédela nestas fotos.
Por certo, como os Gatiños non coñecían a este escritor decidimos investigar na casa a ver que aparecería sobre el (libros para nenos, adultos, de cociña...) e a profe tamén nos cantou unha cantiga de Amancio Prada que é un poema del. A verdade é que lles encantou!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario